Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/26-2, 8162 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: adecuación do apoio de entroncamento de conexión da derivación a novo CTC San Amaro.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Substitución do apoio nº 5 HV 12-400 da LMT derivación a CT Conturiz 1 (13791) por un apoio metálico tipo C2000-14, no cal se instala un paso aéreo a soterrado para LMTS a CTC San Amaro, instálanse tamén dous dispositivos de manobra e protección, un para o CT existente Conturiz 1 e outro para o CT proxectado da urbanización. A lonxitude total da LMT proxectada é de 90 metros en condutor tipo LA-30.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 16 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo