Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30486

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (671/2013).

No procedemento de referencia ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Que, estimado parcialmente a demanda interposta pola representación de Rut Rocha Solla contra Francisco Ubach Reche, debo decretar a modificación das medidas acordadas na sentenza do 28 de febreiro de 2011 ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, acordando suspender en interese superior do menor Kilian o dereito de visitas de Francisco mentres tanto non se adopte ningunha resolución en sentido contrario e que o réxime concreto, sen prexuízo do acordo dos proxenitores e, para caso de desacordo, só se concretará en fase de execución desta sentenza por instancia do demandado e tras a oportuna comparecencia que se celebrará sen necesidade de acudir a novo xuízo de modificación de medidas.

Déixanse inmodificados o resto dos pronunciamentos contidos naquela.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes e ao Ministerio Fiscal, ás que se advirte que contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Fernando Ubach Reche, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, 2 de xuño de 2014