Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30487

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (294/2007).

Procedemento: división de herdanza 294/2007.

De Manuela García Ruiz.

Procurador: Carlos Javier García Brandariz.

Contra: José García Martos, Mª Carmen García Ruiz, José Manuel García Ruiz.

Procuradora: Ana Verónica Sexto Quintas.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Decreto.

Secretaria xudicial: María Susana Gamonal Lombardero.

En Betanzos o oito de abril de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Nas presentes actuacións para a división da herdanza da finada Carmen Ruiz Peña, as contadoras-partidoras María Josefa Patiño Maceda e María José Calviño Castrillón presentaron as operacións divisorias, para cuxo labor foran designadas.

Segundo. Das devanditas operacións divisorias deuse traslado aos interesados na herdanza, facéndolles saber que no prazo de dez días poderían formular oposición a estas.

Terceiro. Os interesados aceptaron as operacións divisorias do contador.

Razoamento xurídico único. Establece o artigo 787.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil (LAC) que, pasado o prazo sinalado aos interesados para poder opoñerse ás operacións divisorias sen presentar a oposición ou manifestando expresamente a súa conformidade a estas, o secretario xudicial ditará decreto en que se aproben as operacións divisorias e se mande protocolizalas, que é o sucedido no presente caso.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Aprobar as operacións divisorias da herdanza da finada Carmen Ruiz Peña realizadas polas contadoras María Josefa Patiño Maceda e María José Calviño Castrillón, as cales se protocolizarán na notaría que por quenda corresponda.

2. Oficiar ao decano do Colexio Notarial de Betanzos para que participe ao notario a quen por quenda corresponda a protocolización e coñecido, transmítanselle as operacións divisorias e testemuño do presente auto.

3. Deixar certificación da presente resolución nos autos levando o orixinal ao mazo correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de revisión no prazo de cinco días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, mediante escrito en que deberá citarse a infracción en que a resolución tivese incorrido.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos sen que, en ningún caso, proceda actuar en sentido contrario ao que se tivese resolto (artigo 454 bis da LAC).

Así o acordo e asino. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Manuel García Ruiz, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 9 de abril de 2014

A secretaria xudicial