Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30484

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Sección de Mantemento no Hospital da Costa.

Convocada por Resolución do 30 de agosto de 2013 (DOG número 211, do 5 de novembro), a provisión do posto de xefe da Sección de Mantemento no Hospital da Costa, polo sistema de concurso de méritos, a Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, á vista das solicitudes e dos méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG número 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde; na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG número 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases de procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG número 47, do 7 marzo), que establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Orde do 15 xullo de 2012 (DOG número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe da Sección de Mantemento no Hospital da Costa, realizada mediante a Resolución do 30 de agosto.

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo desta resolución.

Terceiro. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases de procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Lugo, 13 de xuño de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Posto de traballo: xefe da Sección de Mantemento.

Nome e apelidos: José Miguel Blanco García.

DNI: 33991712N.