Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30246

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (288/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 288/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Dios Rarís, José Manuel Sobrino López, José Manuel Mariño Boga e Manuel Castaño Castaño contra a empresa Segonova, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que di literalmente:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Ramón Dios Rarís, José Manuel Sobrino López, José Manuel Mariño Boga e Manuel Castaño Castaño, contra Construcciones Segonova, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar a Ramón Dios Rarís a suma de 5.459,6 euros, a José Manuel Sobrino López a suma de 5.817,04 euros, a José Manuel Mariño Boga a suma de 2.793,62 euros e a Manuel Castaño Castaño a suma de 2.772,12 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto de cada unha das ditas cantidades.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Segonova, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial