Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30244

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (246/2011).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 246/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mario Jorge Pereira de Sousa contra a empresa Grupo Construnor Estructuras, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Construnor Estructuras, S.L. e Sacyr, S.A.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que di literalmente:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Mario Jorge Pereira de Sousa contra Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L. e Sacyr, S.A.U. e Fogasa, efectúo os seguintes pronunciamentos:

1. Debo condenar e condeno solidariamente as mercantís Construnor Estructuras, S.L. e Sacyr, S.A.U. a que lle aboen ao demandante a suma de dous mil seiscentos cincuenta euros con oitenta e catro céntimos (2.650,84 euros) polos conceptos detallados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros de demora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade, e coas consecuencias legais inherentes.

2. Debo absolver e absolvo a Grupo Construnor Estructuras, S.L. das peticións formuladas na súa contra.

3. No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, aínda que declarándose limitada a súa eventual responsabilidade subsidiaria, no caso de se cumpriren os requisitos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores, ás sumas reclamadas en concepto de salarios de abril de 2011, con exclusión, por tanto, do importe da indemnización por fin de contrato de 1.400 euros.

Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Construnor Estructuras, S.L., Construnor Estructuras, S.L. e Sacyr, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial