Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30247

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (682/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento 682/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Hermo Rivas contra a empresa Servanza, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Estimar a demanda formulada por Paula Hermo Rivas contra Servanza, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e a resolución da relación, condenando a Servanza, S.L. a que no prazo de cinco días proceda á readmisión con aboamento dos salarios de trámite ou, de ser o caso, a aboar a indemnización por importe de 8.789,58 euros.

Considérase que a demandante desiste da acción exercida fronte a Carlos Piñeiro Silva, Natalia Piñeiro Silva e Sandra Piñeiro Silva.

Esta sentenza non é firme e contra ela poderase interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días contado a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial