Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (112/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de despedimento 112/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ismael Carreño Otero contra a empresa Muebles San Caetan, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Resolución.

Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ismael Carreño Otero contra a empresa Muebles San Caetan, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a resolución da relación laboral, con dereito do demandante a obter a indemnización por despedimento por importe de 14.085,84 euros.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Muebles San Caetan, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial