Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30249

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (Declaración de insolvencia 45/2014).

Procedemento de orixe: despido obxectivo individual 830/2012.

Sobre despedimento.

Demandante: Cristian Rodríguez Gundín.

Avogado: Xavier Castro Martínez.

Demandados: AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 45/2014, por instancia de Cristian Rodríguez Gundín contra a executada AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Pa Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 11 de xuño de 2014 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 29.972,85 euros de principal (6.062,24 euros de indemnización + 23.910,61 euros de salarios de tramitación), máis 2.997,28 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

A secretaria xudicial