Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29837

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2388/2012-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2388/2012-CON.

Xulgado de orixe/autos: demanda 481/2011 Xulgado do Social número 2 de Vigo.

Recorrente: Urondo, S.A.

Avogado: Diego Espinosa Mones.

Recorridos: Instituto Social da Mariña, Fortunato Lages Martínez, Uromar, S.A.

Avogada: María Ángeles Seoane Prieto.

Procurador: José Antonio Castro Bugallo.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2388/2012-CON desta sección, seguido por instancia de Urondo, S.A. contra o Instituto Social da Mariña, Fortunato Lages Martínez e Uromar, S.A., sobre xubilación, ditouse a seguinte resolución:

Que debemos desestimar o recurso formulado pola representación legal da Mercantil Urondo, S.A. contra a sentenza ditada o 29 de setembro de 2011 polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, confirmando a resolución impugnada na súa integridade, con imposición de custas á empresa codemandada recorrente que debe aboar os honorarios do letrado da demandante impugnante por importe de 250 euros, dándose aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «35 social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Uromar, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2014

A secretaria xudicial