Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29835

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (552/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 552/2014 desta sección, seguido por instancia de Julio Fernández Díaz contra o Fogasa, Protección y Seguridad Técnica, S.A., Esabe Vigilancia, S.A. e o Concello da Coruña, sobre resolución de contrato, ditouse o 30.5.2014 a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante, contra a sentenza do 27.9.2013, ditada polo Xulgado do Social número 3 da Coruña, en autos 146/2013, confirmamos a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala-sección, aberta en Banesto co nº 1552, debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “35 social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente.

A Coruña, 30 de maio de 2014

A secretaria xudicial