Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29832

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de xuño de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 59, do 24 de marzo), en virtude da cal se eleva a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que, de acordo co previsto na base décimo primeira da Orde do 26 de decembro de 2002, superaron na fase de resultas o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, en cumprimento da sentenza do 7 de xuño de 2013 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no procedemento abreviado número 256/2011.

En virtude da Orde do 27 de maio de 2014 (DOG núm. 107, do 6 de xuño) convocáronse para elección de destino os traballadores que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 26 de decembro de 2002 para o ingreso na categoría 033 (condutor de motobomba de defensa contra incendios forestais) do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, no ámbito provincial de Lugo, en cumprimento da sentenza do 7 de xuño de 2013 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no procedemento abreviado núm. 256/2011.

O acto de elección que tivo lugar o día 10 de xuño de 2014 substitúe o realizado o día 1 de marzo de 2011, que foi anulado pola sentenza que se executa.

No acto de elección de destino definitivo anulado, cinco dos traballadores convocados solicitaron ser declarados en situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade.

No novo acto de elección de destino, catro deses cinco traballadores solicitaron ser declarados en situación de excedencia mentres que o quinto elixiu posto.

Como consecuencia do novo acto xeráronse catro vacantes para a súa oferta no procedemento de resultas en lugar das cinco xeradas no acto anulado.

De conformidade coa disposición adicional décima.2 e décimo primeira.1 da Orde do 26 de decembro de 2002 (procedemento de resultas), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Deixar sen efecto a elevación a definitiva da proposta do tribunal respecto do aspirante que figura na Orde do 16 de marzo de 2011 coa orde de prelación número cinco e que superara na fase de resultas o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 do grupo IV, no ámbito provincial de Lugo (anexo I).

Segundo. Conservar a elevación a definitiva da proposta do tribunal respecto dos catro aspirantes restantes que figuran na Orde do 16 de marzo de 2011 e que superaran na fase de resultas o proceso selectivo para o ingreso na categoría 033 do grupo IV (anexo II).

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os aspirantes poderán interpoñer con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a mesma data ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de acordo cos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

Anexo I

 

Fase oposición

Fase concurso

Ámbito Lugo  

Apelidos e nome

DNI

exerc.

2º exerc.

Base 3.1.1

Base 3.1.2

Base 3.1.3

Base 3.1.4.

Base 3.2.1

Base 3.2.2

Base FP1

Base FP2

Base FP3

Total merit.

Total puntos

Balboa Cereijo, Benjamín

34254209X

20,00

Exento

0

0,28

0

0

0,2

0

0,06

0,28

0,12

0,68

20,68

Anexo II

 

Fase oposición

Fase concurso

Ámbito Lugo

Apelidos e nome

DNI

exerc.

2º exerc.

Base 3.1.1

Base 3.1.2

Base 3.1.3

Base 3.1.4.

Base 3.2.1

Base 3.2.2

Base FP1

Base FP2

Base FP3

Total merit.

Total puntos

Arias Pumar, Pedro

33844622F

19,23

Exento

1,1

0,3

0

0

0,2

0

0,02

0

0

1,62

20,85

Salgado Fernández, José Antonio

76620866T

20,00

Exento

0,5

0,12

0

0

0,2

0

0

0

0

0,820

20,82

García Cela, José Manuel

76548887B

18,46

Exento

0,5

1,56

0

0

0,2

0

0,02

0,04

0

2,32

20,78

Fernández Díaz, José Antonio

34264269L

20,00

Exento

0

0,03

0

0

0,2

0

0,02

0,12

0,06

0,7

20,73