Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29839

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2816/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2816/2012 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Baltar Díaz contra o Fogasa e Todocopia, S.A., sobre resolución de contrato, ditouse a seguinte resolución:

«A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por José Manuel Baltar Díaz, representado nesta instancia pola letrada Celia Pereira Porto, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 16 de outubro de 2012, no recurso de suplicación número 2816/2012, interposto por José Manuel Baltar Díaz, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Ourense do 29 de marzo de 2012, no procedemento nº 30/2012 seguido por instancia de José Manuel Baltar Díaz contra Todocopia, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre rescisión de contrato».

E para que sirva de notificación en legal forma a Todocopia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xuño de 2014

A secretaria xudicial