Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29840

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (522/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 522/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Bardanca Suárez contra Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Juan Bardanca Suárez contra a empresa Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 4.548,80 euros que lle debe en concepto de principal e 454,88 euros como xuros moratorios ata a presente resolución.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 26.3 inciso primeiro da LRXS.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non for traballador ou beneficiario do Réxime público de Seguridade Social, ou habente causa dun deles, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030 1846 a nome deste xulgado co nº 1533 0000 36 522 12, e demostralo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 522 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Óscar Jartín Sueiro, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de xuño de 2014

O secretario xudicial