Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (112/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 112/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Pulleiro Becerra contra Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Viproga, S.A. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Resolvo que, considerando integramente a demanda interposta por Manuel Pulleiro Becerra, contra Viproga, S.A., debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de seis mil noventa e sete euros con trinta céntimos (6.097,30 €) en concepto de salarios, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da devandita cantidade.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido este dicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2014

A secretaria xudicial