Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28085

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (117/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 117/2012, deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Crespo García contra Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza co encabezamento e resolución seguintes:

Sentenza.

A Coruña, 28 de maio de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, estes autos 117/2012, seguidos por instancia de José Manuel Crespo García, representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde, contra Esabe Vigilancia, S.A., e con intervención do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Manuel Crespo García fronte a Esabe Vigilancia, S.A., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 410,97 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso conforme o disposto no artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2014

A secretaria xudicial