Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28083

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (605/2013).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Cristina López Licer, sendo esta beneficiaria de asistencia xurídica gratuíta, fronte a Pablo Prol Hernández, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 271

En Vigo o once de abril de dous mil catorce.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada-xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 605/2013 sobre modificación de medidas, por instancia de Cristina López Licer, como demandante, representada polo procurador dos tribunais Javier Soaje Renard e baixo a asistencia letrada de Roberto Lois Calvo Fernández, contra Pablo Prol Hernández, como demandado, declarado en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Na demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Soaje Renard, en nome e representación de Cristina López Licer, contra Pablo Prol Hernández, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e acordo a extinción da pensión de alimentos que a Sra. López Licer debía satisfacer a favor do seu fillo.

Non se fai unha especial imposición de custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así por esta sentenza, da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Pablo Prol Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 2 de xuño de 2014

A secretaria xudicial