Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 20 de xuño de 2014 Páx. 28087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (999/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 999/2011, deste xulgado do Social, seguido por instancia de Miguel Jesús Sandá Barreiro contra Prefabricados Castelo, S.A. e Prefabricados Aspe, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza co encabezamento e resolución seguintes:

Sentenza.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, estes autos 999/2011, seguidos por instancia de Miguel Jesús Sandá Barreiro, representado polo letrado Sr. Pedreira Candal, contra as entidades Prefabricados Castelo, S.A. e Prefabricados Aspe, S.L., con intervención do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Miguel Jesús Sandá Barreiro fronte a Prefabricados Castelo, S.A., con intervención do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que aboe á demandante a cantidade de 320,83 euros.

Absólvese a codemandada Prefabricados Aspe, S.L. respecto das pretensións formuladas contra ela.

Contra esta resolución non cabe recurso conforme o disposto no artigo 191.2 g) da Lei reguladora da xurisdición social.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma a Prefabricados Castelo, S.A. e Prefabricados Aspe, S.L., expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de maio de 2014

A secretaria xudicial