Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27763

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Miño

ANUNCIO do 28 de maio de 2014 polo que se publica o Acordo do 12 de maio de 2014, da Xunta de Goberno Local, sobre a modificación puntual do artigo 69 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-San Xoán de Vilanova.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria realizada o 12 de maio de 2014, adoptou o acordo que se transcribe a continuación:

«4.1. Modificación puntual do artigo 69 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-San Xoán de Vilanova.

Visto o expediente tramitado para levar a cabo a modificación puntual do artigo 69 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-San Xoán de Vilanova, e considerando que consta no expediente a decisión de non sometemento a avaliación ambiental estratéxica, a Xunta de Goberno Local acorda por maioría absoluta e unanimidade dos concelleiros asistentes (cinco dun total de cinco):

1º. Aprobar inicialmente a modificación do artigo 69 do Plan parcial do sector residencial deportivo Perbes-San Xoán de Vilanova, que terá a seguinte redacción:

“Art. 69. Recuamentos e separación a lindeiros.

Para cada ordenanza particular estableceranse os recuamentos necesarios, que se fixarán ben pola distancia á aliñación da parcela ou ben ao eixe da vía. No caso das vivendas en ringleira, os garaxes poderán acaroarse aos lindeiros e, como é evidente, só se terán en conta os recuamentos á aliñación e ao lindeiro de fondo.

Nas ordenanzas 2 e 3 autorízase a construción de piscinas descubertas dentro das parcelas privadas, que non computarán para efectos de ocupación, e con recuamentos inferiores aos sinalados nas ordenanzas particulares para o resto das edificacións. Deberán cumprir as seguintes condicións:

– O bordo do vaso estará separado 1,00 metro dos lindeiros da parcela e aliñación da rúa.

– A caseta de depuración recuarase respecto dos lindeiros da parcela 0,50 metros se está soterrada e 2,00 metros se sobresae respecto da rasante do terreo”.

2º. Someter o expediente a información pública, polo prazo dun mes, mediante o correspondente anuncio no DOG e en dous xornais dos de maior difusión da provincia.

3º. Notificar individualmente este acordo aos propietarios afectados que consten no Catastro».

O que se notifica a todas as persoas interesadas, significándolles que o presente acordo non esgota a vía administrativa por tratarse dun acto de trámite e que contra este non procede interpoñer ningún recurso, sen prexuízo do disposto no artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 7/1999, do 13 de xaneiro.

Miño, 28 de maio de 2014

Jesús Veiga Sabín
Alcalde