Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27762

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública (expediente 472/13).

An Motorsport Lugo, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de vehículos nas especialidades de mecánica e pneumáticos na Rúa da Industria, nº 37.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Lugo, 9 de maio de 2014

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente