Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27761

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de aprobación definitiva de estudo de detalle para unha parcela de equipamento público en Pedralonga (expediente 631/19/2014).

O Pleno municipal, en sesión realizada o 5 de maio de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes da parcela de equipamento público, docente-asistencial, sita no lugar de Pedralonga, promovido pola Asociación Síndrome de Down A Coruña.

Segundo. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva ao promotor, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina do SIX de Planeamento e Área de Infraestruturas.

Terceiro. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da LOUG tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 26 de maio de 2014.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de maio de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo