Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27765

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial de estudo de detalle.

Aprobado inicialmente, mediante acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria do 9 de xuño de 2014, o estudo de detalle para revisión da reordenación de volume nas parcelas afectadas pola Ordenanza Residencia Exenta RE-3, promovido de oficio polo concello, de conformidade co establecido no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública o dito expediente por período de vinte (20) días, durante os cales pode ser examinado na secretaría deste concello, en horario de oficina, para os efectos de presentar as alegacións procedentes.

Paradela, 12 de xuño de 2014

José Manuel Mato Díaz
Alcalde-presidente