Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración mediante arrendamento financiero (renting) de dúas motocicletas para a Policía Local.

Por Decreto da Alcaldía, do 30 de maio de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 15/14).

2. Obxecto do contrato: subministración, mediante arrendamento renting, de dúas motocicletas para a Policía Local do Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto.

4. Orzamento base de licitación: 55.680 € (46.016, 52 € máis 9.663,48 € en concepto de IVE) e un prazo de execución de catro (4) anos.

5. Garantías: non se exixe, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo do establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 30 de maio de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alclade