Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante arrendamento, de maquinaria pesada con condutor.

Por Decreto da Alcaldía, do 2 de xuño de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 17/14).

2. Obxecto do contrato: acordo marco para a contratación, mediante arrendamento, de maquinaria pesada con condutor.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 94.000 € (77.685,95 € + 16.314,05 € en concepto de IVE). Prezo unitario: 38,72 € (32 €/hora + 6,72 € en concepto de IVE).

Prazo de execución: un (1) ano (con posibilidade de prórroga un (1) ano).

5. Garantías: 5 % do orzamento, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 2 de xuño de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde