Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27768

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de licitación para contratar, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, o servizo de elaboración do Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado por Acordo do Pleno, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 6 de maio de 2014, o prego de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas (xeral e de cartografía) que rexerán na licitación, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para contratar o servizo de elaboración do Plan xeral de ordenación municipal de Redondela, faise público, para efectos de presentación de proposicións por parte dos licitadores interesados, o seguinte anuncio:

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Redondela. Dependencia: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato: elaboración do Plan xeral de ordenación municipal de Redondela (PXOMR), conforme o prego de prescricións técnicas que foi aprobado pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o día 14.9.2010. Así mesmo, inclúe a realización dunha cartografía completa de todo o termo municipal de Redondela.

Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

Duración do contrato: catro (4) anos contados desde o día seguinte ao da data da súa formalización, que se poderán prorrogar por outros dous anos ata un máximo de seis por mutuo acordo entre o contratista e o Concello, no caso de que exista causa que, ao xuízo do órgano de contratación, o xustifique.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Garantía provisional: non se exixe.

5. Garantía definitiva: 5 % do valor estimado da adxudicación, excluído o IVE.

6. Garantía complementaria: 5 % do importe de adxudicación do contrato, IVE excluído, no caso de que o adxudicatario presente unha oferta con valores anormais ou desproporcionados.

7. Orzamento de licitación: 450.000,00 euros máis IVE. Total: 544.500,00 euros.

8. Obtención da documentación e información: perfil do contratante da páxina web do Concello de Redondela e Oficina de Contratación, situada na planta baixa da casa do concello. Alfonso XII, 2 de Redondela. Teléfono: 986 40 03 00. Fax: 986 40 38 94. Correo electrónico: contratacion@redondela.es

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

9. Requisitos específicos do contratista: acreditarase a solvencia económica, financeira e técnica da forma requirida na cláusula 19 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas. Prazo: corenta e sete (47) días naturais contados a partir do seguinte ao do envío do anuncio de licitación ao Diario de la Unión Europea (DOUE).

Fecha do envío do anuncio ao DOUE: 27 de maio de 2014.

Documentación que se deberá xuntar ás proposicións: a establecida na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares (Declaración responsable, sobre A) Proposición en relación cos criterios dependentes dun xuízo de valor e sobre B) Proposición económica).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Redondela ou por correo na forma legalmente determinada á rúa Alfonso XII, 2, 36800 Redondela, ata as 14.00 horas do último día do prazo. Se o último día é sábado ou día inhábil, o prazo rematará o inmediato día hábil seguinte. Cando a documentación se envíe por correo, o empresario deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (986 40 38 94) ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de ofertas.

Data e hora: ás 14.00 horas do quinto día hábil (non sábado) seguinte ao do remate do prazo de presentación (agás que faltase algunha proposición por recibir, neste caso fixarase un novo prazo previo aviso no perfil do contratante).

12. Criterios de valoración das ofertas: os establecidos na cláusula 22 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Documentación exixida ao licitador que presente a oferta máis vantaxosa: a establecida na cláusula 26 do prego de cláusulas administrativas.

14. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 2.000,00 euros.

15. Páxina web para obtención de información: www.redondela-server.net

Redondela, 27 de maio de 2014

Javier Bas Corugeira
Alcalde