Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27771

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal.

Iria María Álvarez Canella presentou o recurso contencioso-administrativo 123/2014 P.O. contra os acordos da Xunta de Goberno Local do 5.12.2013 e 13.12.2013, polos que se aprobaron as bases específicas correspondentes ás prazas da segunda fase da oferta de emprego público dos anos 2010-2011, que se está a tramitar perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo. Por este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, emprázanse os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 10 de xuño de 2014

Carlos López Font
Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal