Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de publicación das bases do Certame Literario do Concello de Vilalba para 2014.

O Concello de Vilalba, o 13 de maio de 2014, aprobou as bases que rexerán a convocatoria do XXXX Certame Literario do Concello de Vilalba para 2014, resumidas en dous premios de 3.000 e 1.000 €, na modalidade de poesía en lingua galega. Os interesados en participar no certame deberán dirixir os seus traballos ao Concello de Vilalba antes das 14.00 horas do día 18 de xullo de 2014, e poderán pedir as bases nas oficinas municipais directamente ou por correo.

Vilalba, 23 de maio de 2014

Gerardo Criado Guizán
Alcalde