No Boletín Oficial da provincia nº 96, do 21 de maio de 2014, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2014:
– Dúas prazas de técnico en Educación, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase medio, e integradas no grupo A2, por quenda libre.
– Catro prazas de técnico auxiliar de Educación diúrna, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integradas no grupo C1, por quenda libre.
A presentación de solicitudes poderá efectuarse no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra ou en calquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 26 de maio de 2014
Begoña Estévez Bernárdez
Deputada delegada