Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 18 de xuño de 2014 Páx. 27774

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2014 pola que se procede a realizar convocatoria pública para a constitución dunha bolsa de traballo da ocupación de policía portuario na Autoridade Portuaria de Vilagarcía.

Prazas: bolsa de traballo de policía portuario.

Tipo de contrato: temporal.

Proceso selectivo: concurso de valoración de méritos.

• As bases desta convocatoria estarán á disposición dos interesados na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa; avenida da Mariña, 15, Vilagarcía de Arousa, e tamén dispoñibles na páxina web: www.portovilagarcia.es

• Quen desexe tomar parte nas probas selectivas desta convocatoria cursará a súa solicitude utilizando o modelo que figura como anexo II destas bases.

• As solicitudes deberán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos medios recollidos no punto 3 das bases.

• Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo se farán públicas polos seguintes medios:

– Taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

– Páxina web: www.portovilagarcia.es

Vilagarcía de Arousa, 4 de xuño de 2014

Sagrario Franco Malvar
Presidenta da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa