Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27425

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1202/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1202/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Guillermo Abad Abad contra Sadil, S.A., Fogasa e a administracion concursal de Sadil, S.A., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Secretaria xudicial María Adelaida Egurbide Margañón.

A Coruña, vinte e seis de maio de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 30.11.2011 tivo entrada neste Xulgado do Social número 2 demanda presentada por Sergio Guillermo Abad Abad fronte a Sadil, S.A., Fogasa e a administracion concursal de Sadil, S.A.

Segundo. As partes foron citadas ao acto de conciliación para o día 2.7.2014 ás 11.10 horas.

Terceiro. Ao acto de conciliación/xuízo a parte demandante manifestou que desiste da acción interposta, mediante escrito presentado o día 5.5.2014.

Cuarto. A parte demandada non presentou oposición ningunha á desistencia.

Fundamentos de dereito.

Único. Declarada polo demandante a súa vontade de abandonar o proceso e ao non solicitar o demandado a continuación do procedemento, procede ter o demandante por desistido da súa demanda.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desistido a Sergio Guillermo Abad Abad da súa demanda fronte a Sadil, S.A., Fogasa e a administracion concursal de Sadil, S.A.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta do Banesto, e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Sadil, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2014

A secretaria xudicial