Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (283/2012).

No presente procedemento ordinario 283/2012, seguido por instancia de Galiplac, S.L. fronte a Fernando Rodríguez Martin, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

Sentenza.

Pontevedra, 6 de marzo de 2013.

Xuíz que a dita: Roberto de la Cruz Álvarez.

Demandante: Galiplac, S.L.

Procuradora: María del Amor Angulo Gascón.

Avogado: José Luis González Cuenca.

Demandado: Fernando Rodríguez Martín (rebelde procesual).

Obxecto do xuízo: reclamación de cantidade (responsabilidade administrador sociedade limitada).

Decisión.

Que estimando integramente a demanda presentada pola representación procesual de Galiplac, S.L. fronte a Fernando Rodríguez Martín, condeno o demandado a aboarlle á demandada a suma de 10.304,34 euros na forma e cos xuros establecidos no fundamento xurídico cuarto da presente.

Con expresa imposición das custas do presente procedemento á parte demandada.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá directamente neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación, logo de acreditación do depósito da cantidade de 50 euros na conta de depósitos e consignacións deste mesmo xulgado, domiciliada na entidade Banesto.

Notifíqueselles ás partes.

Así o acordo, mando e asino.

E encontrándose o dito demandado, Fernando Rodríguez Martin, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 3 de marzo de 2014

O secretario xudicial