Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27422

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (788/2012).

Carmen Sobrado Prado, secretaria xudicial, polo presente fago constar que na Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LECN) 788/2012 (dimanante de ordinario 1035/2009 do Xulgado de Primeira Instancia número 9 de Vigo), en que é apelante Mercantil Náuticas Corpe, S.L., e apelados Emilio Calviño Iglesias e Avenue Ilustrated, S.L., sobre resolución de contrato e reclamación de danos nos cales con data 31 de xaneiro de 2014 se ditou sentenza desestimatoria do recurso de apelación, cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta Sección Sexta, sita en Vigo (Pontevedra), rúa Lalín, 4, á disposición das partes.

Contra a dita sentenza poderá interporse recurso de casación por interese casacional e, de ser o caso, extraordinario por infracción procesual, dentro dos vinte días seguintes á súa notificación.

Para que conste e sirva de notificación a Avenue Illustrated, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente.

Vigo, 3 de febreiro de 2014

A secretaria xudicial