Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27420

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2014 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante Resolución desta universidade con data do 10 de marzo de 2014 (BOE do 20 de marzo), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria.

Esta reitoría, en uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de 20 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº de concurso

Nombre

Apellidos

DNI/NIE

Cuerpo docente

Área conocimiento

Departamento

Localidad

Código plaza

2339/14

María Beatriz

Magariños Ferro

35456313L

Profesor titular de universidad

Microbiología

Microbiología y Parasitologia

Santiago de Compostela

C01746