Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (539/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 539/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ainhoa Martínez Piñeiro contra a empresa Jutema 4, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza coa seguinte resolución:

Resolución.

Debo estimar a estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ainhoa Martínez Piñeiro contra a empresa Jutema 4, S.L. e, en consecuencia:

1º. Declaro a improcedencia do despedimento e condeno a empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou, a elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 165 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza calculados a razón de 30 euros/día.

3º. Condeno a parte demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 849,34 euros en concepto de salarios e liquidación, e a de 450 euros en concepto de indemnización por omisión de aviso previo.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión do orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jutema 4, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de maio de 2014

A secretaria xudicial