Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27437

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (49/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento obxectivo individual 49/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iván López Villar contra a empresa José Manuel Fraga Fraga, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Reforzo.

Sentenza: 281/2014

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 49/2014.

Demandante: Iván López Villar.

Letrado: sra. Baptista de Sousa.

Demandado: empresa José Manuel Fraga Fraga.

Letrado:

Fogasa.

Sentenza nº 281/2014.

A Coruña, 22 de maio de 2014

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Iván López Villar contra a empresa José Manuel Fraga Fraga e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deben aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 17.752,85 euros.

3º. O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación á empresa José Manuel Fraga Fraga, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2014

A secretaria xudicial