Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (31/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 31/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores Abeijón Hermo contra a empresa The Blue Train, S.C., Enrique Amor Baldomir, Fogasa, Paulo César Gestal Bregua, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 278/2014.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: resolución de contrato 31/2014, acumulado despedimento 528/2014.

Demandante: María Dolores Abeijón Hermo.

Letrado: Sra. Román Capelán.

Demandado: The Blue Train, S.C.

Letrado:

Enrique Amor Baldomir.

Letrado: Sra. Aguiar Ríos.

Paulo César Gestal Bregua.

Letrado: Sr. Grobas Blanco.

Fogasa.

Sentencia nº 278/2014.

A Coruña, 22 de maio de 2014.

a) Estimo a demanda sobre resolución de contrato e despedimento formuladas por María Dolores Abeijón Hermo contra a empresa The Blue Train, S.C., Enrique Amor Baldomir e Paulo César Gestal Bregua e, en consecuencia:

1º. Declaro, con data da presente sentenza, a extinción do contrato de traballo existente entre a traballadora demandante e a empresa demandada, por causas imputables a esta, condenando a sociedade, así como os seus socios Enrique Amor Baldomir e Paulo César Gestal Bregua a lle aboar solidariamente a cantidade total de 6.518,32 euros en concepto de indemnización.

2º. Declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante acontecido o 31.12.2013, condenando a empresa demandada, así como os seus socios Enrique Amor Baldomir e Paulo César Gestal Bregua a satisfacer solidariamente á demandante:

– Os salarios de tramitación desde esa data ata a data da presente resolución a razón de 33,73 euros diarios.

Estimo a acción sobre reclamación de cantidade formulada por María Dolores Abeijón Hermo fronte a The Blue Train, S.C., Enrique Amor Baldomir e Paulo César Gestal Bregua e, en consecuencia, condeno a estes últimos a que satisfagan á primeira, de forma solidaria, a suma de 1.148,34 euros en concepto de salarios e complemento de IT non satisfeitos, así como o 10 % de xuro desa suma ao abeiro do artigo 29.3 do ET.

c) O Fogasa deberase ater ao decidido nesta resolución.

d) Con imposición á sociedade The Blue Train, S.C. e a Paulo César Gestal Bregua das custas do procedemento nº 31/2014 sobre extinción contractual e reclamación de cantidade por non ter comparecido ao acto conciliatorio, sen concorrer ningunha causa xustificada para iso, incluídos os honorarios ata o límite de 600 euros do letrado da parte demandante.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento. Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo, xuíz social de Reforzo da Coruña.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a The Blue Train, S.C., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 22 de maio de 2014

A secretaria xudicial