Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (108/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e cetifico que neste xulgado se seguen autos número 108/2012 por instancia de Juan José Martínez Rodríguez, María Garea López e Miriam Velázquez Vera contra a empresa Serhosga, S.L. sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza en data 19.5.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo: estímase a demanda formulada por Juan José Martínez Rodríguez, María Garea López e Miriam Velázquez Vera contra Serhosga, S.L. e, en consecuencia:

Condénase a empresa Serhosga, S.L. a aboar aos demandantes as seguintes cantidades:

A Juan José Martínez Rodríguez a cantidade de once mil trescentos setenta e nove euros con un céntimo de euro (11.379,11 euros).

A María Garea López a cantidade de trece mil oitocentos trinta e dous euros con corenta e nove céntimos de euro (13.832,49 euros).

A Miriam Velázquez Vera, a cantidade de nove mil oitocentos oitenta e un euros con cincuenta e sete céntimos de euro (9.881,57 euros).

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Serhosga, S.L. expido e asino este edicto.

A Coruña, 27 de maio de 2014

A secretaria xudicial