Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 17 de xuño de 2014 Páx. 27439

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1056/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1056/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Richard Daniel Lugo contra a empresa Alejandro Otero Moreira sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

Sentenza: 223/2014.

Procedemento: procedemento ordinario 1056/2013.

Sentenza núm. 223/2014.

A Coruña, 23 de maio de 2014.

Vistos por Sonia María Cartamil Obelleiro, xuíza substituta do Xulgado de Reforzo do Xulgado do Social número 4 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo núm. 1056/2013, seguidos por instancia de Richard Daniel Lugo, asistido pola letrada Arancha Larracoechea Rodríguez-Colubi, contra a entidade Alejandro Otero Moreira, en rebeldía procesual, sobre reclamación da indemnización por despedimento.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Richard Daniel Lugo, asistido pola letrada Arancha Larracoechea Rodríguez-Colubi contra a empresa Alejandro Otero Moreira, en rebeldía procesual e, en consecuencia, debo condenar e condeno a citada empresa a que aboe ao demandado a cantidade de 3.555,20 euros en concepto de indemnización por despedimento, todo iso cos xuros legais procedentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado desde a notificación desta sentenza, do que coñecerá, de ser o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 e seguintes do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, pasados os cales quedará firme e se arquivará. E, no mesmo termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto nesta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer, na conta deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data indicados nela. Dou fe.

E para que conste e sirva de notificación á empresa Alejandro Otero Moreira, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 23 de maio de 2014

A secretaria xudicial