Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

EDICTO (57/2011).

Execución de títulos xudiciais 57/2011.

Procedemento de orixe: demanda 256/2009.

Sobre: ordinario.

Decreto: 235/2014.

Secretario xudicial: Camilo José García-Puertas Magariños.

En Pontevedra o catorce de maio de dous mil catorce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. María Elisa Otero Domínguez avogada de Hugo da Silva e Edson Lucio Carolino presentou demanda de execución fronte a Ordnas-Contruçao Civil e Transportes Unipessoal, LDA, Suso Fernández, S.L. e Lorvicon, S.L., UTE 12.

Segundo. Ditouse auto despachando execución o 11 de marzo de 2011 por un total de 9.111,32 euros en concepto de principal.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial.

Cuarto. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 537,17 euros, como resultado do embargo practicado nas contas bancarias da entidade Lorvicon, S.L., 79,86 euros embargados no Banco Gallego e 457,31 no BBVA, téndose reducido o principal reclamado á suma de 8.574,15 euros. Déuselle audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de pescudas realizadas, así como da situación da empresa Ordnas-Construçao Civil e Transportes Unipessoal, LDA, que se encontra en paradoiro descoñecido como consta nas actuacións.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se practicarán as pescudas procedentes e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, o secretario xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados Ordnas-Contruçao Civil e Transportes Unipessoal, LDA, Suso Fernández, S.L. e Lorvicon, S.L., UTE 12 en situación de insolvencia por importe de 8.574,15 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. O principal que se distribuirá entre os executantes:

– Hugo da Silva: 4.555,66 euros.

– Edson Lucio Carolino: 4.555,66 euros.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirían plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 3587 no Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/a secretario/a xudicial