Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (277/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 277/2010, por instancia de Mutua Gallega contra a empresa Olmo Chamorro, S.L., sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 14 de maio de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo que se estima a demanda formulada pola Mutua Gallega fronte á empresa Olmo Chamorro, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Olmo Chamorro, S.L. a aboar á Mutua Gallega a cantidade de dous mil cento dezasete euros con cincuenta e un céntimos de euro (2.117,51 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Olmo Chamorro, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 22 de maio de 2014

O secretario xudicial