Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26380

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (219/2013).

Carmen Ramos Vázquez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario 219/2013, seguido por instancia de Rogelio Enríquez Arias, María Elisa Rodríguez González, Urbano Luis Enríquez Arias e María Nieves Gómez Docampo fronte a herdeiros de Teresa Sampayo Núñez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 2/2014.

Monforte de Lemos, 8 de xaneiro de 2014.

Vistos por Vanesa García de Paz, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 dos desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo ordinario nº 219/2013, sobre división de cousa común, seguidos por iniciativa de Rogelio Enríquez Arias, Mª Elisa Rodríguez González, Urbano Luis Enríquez Arias e Mª Nieves Gómez Docampo, representados pola procuradora Sra. Cao Pérez e asistidos polo letrado Sr. Carnero Blanco, fronte á herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de Teresa Sampayo Núñez, en rebeldía procesual.

Resolución:

Estimo a demanda formulada pola representación procesual de Rogelio Enríquez Arias, Mª Elisa Rodríguez González, Urbano Luis Enríquez Arias e Mª Nieves Gómez Docampo fronte á herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de Teresa Sampayo Núñez. Declaro a extinción do condominio sobre os bens descritos no feito primeiro da demanda, así como a súa indivisibilidade, procedéndose á súa venda en poxa pública, distribuíndose o prezo que nela se obteña conforme o dereito de cada propietario. Impóñense as custas á parte demandada.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días, por escrito e expresando os motivos polos que se recorre, ante a Audiencia Provincial de Lugo. Non se admitirá o recurso de apelación se, ao preparalo, non se acredita ter constituído depósito do importe de 50 euros exixido pola lei na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado ou tribunal, salvo no caso do Ministerio Fiscal.

Notifíquese esta sentenza ás partes, lévese ao libro da súa clase e déixese testemuño abondo nos autos.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E encontrándose o devandito demandado, herdeiros de Teresa Sampayo Núñez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Monforte de Lemos, 8 de abril de 2014

A secretaria xudicial