Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato suxeito a regulación harmonizada do servizo de dirección de obra relativa ás obras de rehabilitación do edificio da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña, polo procedemento aberto, adxudicación baseada en multicriterios e tramitación ordinaria.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SESE 20-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19397

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de dirección de obra relativa ás obras de rehabilitación da antiga Real Fábrica de Tabacos para infraestruturas xudiciais na Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 71200000-0. Servizos de arquitectura e servizos conexos, 71210000-3. Servizos de asesoramento en arquitectura, 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 3 de setembro, 19 de setembro e 16 de setembro de 2013, respectivamente.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 341.453,93 € (IVE excluído), incluídas as posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 310.412,66 €. Importe total: 375.599,32 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de marzo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 15 de maio de 2014.

c) Contratista: Applus Norcontrol, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 249.882,19 €. Importe total: 302.357,45 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza