Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (277/2013).

Execución parcial 277/2013.

Procedemento orixe: Seguridade Social 846/2011.

Sobre: Seguridade Social.

Executante: Eva Quintela Fraga.

Avogada: Milagres Verde Crespo.

Executados: Savianco, S.C., Abemarsa, S.L., Saturnino Villaverde Muñiz, María Angélica Couce Cerdeira, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 277/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Quintela Fraga contra a empresa Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data 20 de maio de 2014, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do decreto:

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Expedir o oportuno mandamento a favor de Eva Quintela Fraga por importe de 160,18 euros en concepto de parte do principal.

b) Declarar o/os executado/s Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C. en situación de insolvencia parcial por importe de 660,27 euros de principal, máis 82,04 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional, dado que a declarada por Decreto do 12 de maio de 2014 queda sen efecto, ao teren variado as circunstancias respecto aos executados.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente respecto a Abemarsa, S.L. e publíquese no DOG respecto a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira e Savianco, S.C.

Notifíqueselles ás partes e a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3, aberta no banco Santander, conta número 5076 0000 64 0277 13. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicarse o número de conta 5076 0000 64 0277 13. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a secretario/a xudicial».

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

O/a secretario/a xudicial