Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 11 de xuño de 2014 Páx. 26377

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (Declaración de insolvencia 277/2013).

Execución parcial 277/2013.

Procedemento orixe: seguridade social 846/2011.

Sobre seguridade social.

Executante: Eva Quintela Fraga.

Avogada: Milagros Verde Crespo.

Executados: Savianco, S.C., Abemarsa, S.L., Saturnino Villaverde Muñiz, María Angélica Couce Cerdeira, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 277/2013, por instancia de Eva Quintela Fraga, contra os executados Saturnino Villaverde Muñiz, Mª Angélica Couce Cerdeira, Abemarsa, S.L., Savianco, S.C., sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 20 de maio de 2014 decreto de insolvencia no sentido de declarar ao executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 660,27 euros de principal, máis 82,04 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

A secretaria xudicial