Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26176

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ponteareas

EDICTO (90/2013).

No procedemento de referencia (divorcio contencioso 90/2013) ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 26/2014.

En Ponteareas o 23 de abril de 2014.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, os presentes autos de divorcio contencioso, co número 90/2013, seguido por instancia de Rafael Cibeira Antela, representado polo procurador Anxo Fernández Saborido, en substitución da procuradora Begoña Saborido Ledo, e baixo a dirección letrada de Carolina Fernández Casal, fronte a Mª Concepción Amorín Pereira, declarada en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando a demanda presentada pola procuradora Sra. Saborido Ledo, en nome e representación de Rafael Cibeira Antela fronte a Mª Concepción Amorín Pereira, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por Rafael Cibeira Antela e Mª Concepción Amorín Pereira, todo iso sen efectuar expreso pronunciamento acerca das custas procesuais.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño dela ao encargado do rexistro civil competente, co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días, contados a partir de que aquela tivese lugar, para ser resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra, sendo necesario que para iso que se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así por esta a miña sentenza, da que se levará testemuño ás actuacións orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Concepción Amorín Pereira, esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Ponteareas, 6 de maio de 2014

O/a secretario/a xudicial