Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26178

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (164/2011).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 164/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Felipe Dopazo Rial contra a empresa José Ramón Taibo y Sumay, S.L., Ramón Taibo Promociones, S.L.U., o Fogasa, Fincas Cesures, S.L., Promociones San Lázaro 2005, S.L., Natal-Brasil-Ramón Taibo Investimentos Inmobiliarios, Ltda., Pedrabarca, S.L. e a Dirección Provincial do Servizo Público de Emprego Estatal, ditouse a seguinte resolución, cuxa resolución se achega:

«Decido que debo estimar parcialmente a demanda presentada por Felipe Dopazo Rial fronte á Servizo Público de Emprego Estatal, recoñecendo o dereito deste a obter subsidio de desemprego cunha duración de 720 días e unha base reguladora de 47,67 euros diarios, debendo regularizarse a súa prestación para o suposto de que xa percibise cantidades.

A presente resolución non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o mando, acordo e asino, Francisco José del Pozo Sánchez, maxistrado do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Taibo y Sumay, S.L., Ramón Taibo Promociones, S.L.U., Fincas Cesures, S.L., Promociones San Lázaro 2005, S.L., Natal-Brasil-Ramón Taibo Investimentos Inmobiliarios, Ltda., Pedrabarca, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2014

A secretaria xudicial