Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26175

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (317/2011).

No presente procedemento de xuízo verbal 317/2011, seguido por instancia de ABM Rexel, S.L.U. fronte a Borja Gil Pérez, ditouse sentenza número 151/2011 o 9 de novembro de 2011, cuxo teor literal é o seguinte:

Que, estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Toucedo na representación acreditada, debo condenar e condeno a Borja Gil Pérez a satisfacer á demandante a cantidade de 2.403,21 euros, máis xuros legais desde a interpelación xudicial, máis xuros de demora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún (artigo 455 LAC).

E encontrándose o devandito demandado, Borja Gil Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 16 de abril de 2014

O/a secretario/a xudicial