Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26173

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (55/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 55/2012, seguido por instancia de La Estrella, S.A. de Seguros y Reaseguros contra José Rodríguez Cortizas, Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da compañía aseguradora La Estrella Seguros, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, con data do 17 de decembro de 2010, e con revogación parcial desta, declaramos que a compañía de seguros recorrente debe aboar ao demandante José Rodríguez Cortizas os xuros do artigo 20 da Lei de contrato de seguro de 39.000 euros, tan só no período comprendido entre o 17 de outubro de 2008 (data da conciliación previa) e o 14 de setembro de 2009 (data en que se aboou a dita cantidade). Déase aos depósitos e consignacións constituídos pola mutua para recorrer el destino legal. Sen custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma á empresa Perforaciones y Excavaciones del Noroeste, S.L., con último domicilio coñecido na avenida da Hermida, 8, baixo 15174 Culleredo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de maio de 2014

A secretaria xudicial