Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26171

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2361/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2361/2012, seguido por instancia de José Paz Lourido contra Mutua Fraternidad Muprespa, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Isidro Andrade González, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por José Paz Lourido, confirmamos a sentenza que con data do 12 de xaneiro de 2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fraternidad Muprespa e a empresa Isidro Andrade González.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Isidro Andrade González, con último domicilio coñecido na Marela, Corcubión, A Coruña, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de maio de 2014

A secretaria xudicial