Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 10 de xuño de 2014 Páx. 26169

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3069/2012).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3069/2012 desta sección, seguido por instancia de Julián Cristobo Gómez, Manuel Ángel García Novo, Eduardo Vidal López, Vicente Bernárdez Romero, Francisco Javier Rodríguez Abuín, Francisco Raviña Martínez, Isaac Casal Suárez e Alejandro Devesa Peleteiro contra Fogasa, Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Julián Cristobo Gómez, Manuel Ángel García Novo, Eduardo Vidal López, Vicente Bernárdez Romero, Francisco José Rodríguez Abuín, Francisco Raviña Martínez, Isaac Casal Suárez, Alejandro Devesa Peleteiro, Gonzalo Vilas Rey e Unai Bermúdez Canabal contra a sentenza do 7 de decembro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela en xuízo seguido por instancia dos recorrentes contra a Sociedade Anónima Deportiva Ciudad de Santiago, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Sociedad Deportiva Ciudad de Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de maio de 2014

A secretaria xudicial